LAB. DO TERRITORIO (G.I. 1934-TB)

Lab. do Territorio / Novas

Publicada por Lab. Territorio

As presentacións da xornada “A xeorreferenciación da información estatística en Galicia: casos prácticos” organizada polo IGE, agora para descarga


O IGE (Instituto Galego de Estatística) acaba de poñer a disposición dos usuarios as presentacións  da xornada  “A xeoreferenciación da información estatística en Galicia: casos prácticos”.
A ligazón para a descarga é: http://www.ige.eu/estatico/educacion/Cursos/XornadaX.htm

O LaboraTe participou nesta xornada de traballo, que tivo lugar o luns 25 de setembro en Santiago, e foi organizada polo IGE en colaboración co GAME-IDEGA (Grupo de Análise e Modelización Económica do Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia ). 

Tendo en conta que actualmente a práctica totalidade das estatísticas teñen unha base territorial, o obxectivo da xornada foi presentar exemplos da integración entre ambos os tipos de información, estatística e xeográfica, co fin de mostrar a importancia e o potencial da xeorreferenciación da información estatística para unha mellor toma de decisións por parte da administración e da empresa privada.