LAB. DO TERRITORIO (G.I. 1934-TB)

Lab. do Territorio / Novas

Publicada por Lab. Territorio

Tecnoloxía intelixente para a agricultura: Terceira xuntanza do proxecto Erasmus + SFATE na Universidade Philipps de Marburg (Alemaña)


O proxecto Erasmus + SFATE, no que o Laboratorio do Territorio participa,  recolle datos sobre tecnoloxías da información aplicadas á agricultura, para crear unha ferramenta en liña que permita identificar:
  • As tecnoloxías máis axeitadas para dar solución aos retos da agricultura europea.
  • As oportunidades de traballo que xorden destas tecnoloxías.
  • Os recursos formativos a incorporar nos currículos formativos existentes en agricultura, para mellorar as competencias dos estudantes no eido das tecnoloxías intelixentes.
O compañeiro Andrés García Lamparte vén de participar como socio do proxecto na xuntanza que tivo lugar 31 de xaneiro e o 1 de febreiro na Universidade Philips de Marburg (Alemaña). A xuntanza tivo por obxectivo presentar a información recollida polos socios e discutir a estrutura e a funcionalidade da ferramenta en liña que achegará a información recollida ao público obxectivos do proxecto (estudantes, profesores, agricultores, empresas e consultores entre outros). No segundo día debatéronse aspectos loxísticos e organizativos do proxecto.

Espérase que unha primeira versión en liña estea dispoñible dentro de tres meses para que sexa testada por grupos do público obxectivo do proxecto.