LAB. DO TERRITORIO (G.I. 1934-TB)

Lab. do Territorio / Novas

Publicada por Lab. Territorio

A revista Sustainability adica un número especial á sostibilidade na planificación territorial


A planificación sostible do solo é unha das formas máis eficientes de acadar a sostibilidade do desenvolvemento e a xestión territorial. A planificación do solo proporciona a distribución espacial óptima das actividades humanas a través do territorio, contribuindo de este modo ao desenvolvemento social e económico dunha rexión e simultáneamente á conservación e mellora da súa calidade ambiental. O desenvolvemento da novas técnicas e modelos para a análise, simulación ou predición da evolución dos usos do solo, así como para a localización espacial óptima dos usos e o deseño de escenarios futuros é fundamental para mellorar a eficiencia e os resultados dos procesos de toma de decisións sobre os usos do solo. Hoxe en día, ao xa de por sí complexo proceso de planificación de usos do solo, hai que engadir un novo factor clave: o cambio climático. O concepto de infraestrutura verde está aplicándose cada vez máis nas políticas de xestión territorial como instrumento para asegurar a provisión de servizos ecosistémicos e a contribución á mitigación e adaptación ao cambio climático. Sen embargo, todavía existe unha brecha no coñecemento para a implementación da infraestrutura verde na planificación territorial.

Tendo en conta este enfoque a revista Sustainability prepara un número especial sobre a planificación territorial, co obxetivo de recopilar novas investigacións sobre os conceptos mencionados, así como aplicacións destos métodos e enfoques para alcanzar unha planificación dos usos do solo máis sostible, ou a integración de criterios ambientais nos procesos de toma de decisión.

A publicación conta para esta ocasión coa profesora Inés Santé como editora invitada e xa se abriu o prazo para a recepción de manuscritos (data límite 1 de agosto de 2020).

Sustainability é unha revista indexada en Journal Citation Reports con un índice de impacto de 2.592.

Para máis información pode consultarse a web https://www.mdpi.com/journal/sustainability/special_issues/sustain_land