LAB. DO TERRITORIO (G.I. 1934-TB)

Lab. do Territorio / Novas

Publicada por Lab. Territorio

Acto de entrega aos gañadores da III Edición do Premio Rafael Crecente


O vindeiro 17 de Decembro celebrarase o acto de entrega da terceira edición do Premio “Rafael Crecente” de Propostas Innovadoras de Xestión Territorial, organizado polo IBADER (Instituto de Biodiversidade e Desenvolvemento Rural) e o Laboratorio do Territorio (GI-1934 TB), da Universidade de Santiago (Campus Terra, Lugo).

Tal e como estipulan as bases da convocatoria, concederanse dous premios, un primeiro e un segundo, co recoñecemento formal a través dun diploma acreditativo e unha cuantía económica de 2.000 € e 1.000 € respectivamente.

O premio ten como obxectivo impulsar o desenvolvemento de ideas innovadoras relacionadas co desenvolvemento rural, a conservación do medio ambiente, a mellora da produción agraria en sentido amplo e a contribución á xestión territorial sostible. No mesmo acto farase a presentación pública da 4ª Edición do premio. Os posibles receptores do premio serán estudantes egresados de grao ou máster.

A proposta gañadora desta edición leva por nome “A paisaxe da auga: uso e xestión dun ben común” e o segundo premio é para “EcoMariñas: Una propuesta de permacultura en la Reserva de la Biosfera de las Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”.

Aparte da entrega de premios e a presentación das propostas gañadoras, o acto inclúe un relatorio invitado titulado “Raíces agrarias da despoboación en España: Transformacións biofísicas da agricultura e desestruturación no campo español no século XX”. Será impartida por David Soto Fernández, profesor de Historia e Instituciones Económicas do departamento de Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela.

O acto será público ó igual que en edicións anteriores, pero debido ás restriccións pola COVID-19 celebrarase en liña, a través do sistema de videoconferencias Zoom, e tamén poderá seguirse a través da canle de Youtube do Laboratorio del Territorio.

En Zoom o acto contará con interpretación Galego-Inglés. Aqueles usuarios que pretendan seguir o acto en inglés, tendrán que conectarse usando a aplicación de Zoom para Windows. O acceso dende o navegador ten as funcionalidades moi limitadas e non inclúe opción de interpretación simultánea).

Os enlaces a ambos métodos de acceso atópanse ó final desta noticia.

Ligazón canle de Youtube

Ligazón Zoom

Máis información sobre o premio Rafael Crecente: http://www.ibader.gal/seccion/584/Premio-Rafael-Crecente.html