LAB. DO TERRITORIO (G.I. 1934-TB)

Lab. do Territorio / Novas

Publicada por Lab. Territorio

Presentación do libro ‘Land Matters”


O próximo xoves día 9 de xuño ás 19:30h terá lugar a presentación do libro:

LAND MATTERS

Taking Stock and Looking Ahead

Selected experiences in memory of Rafael Crecente

O evento celebrarase no Salón de Actos da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría de Lugo e incluirá un pequeno aperitivo ó remate polo que, no caso de asistencia, agradécese confirmación a máis tardar o día 6 de xuño, informando a través deste formulario ou chamando ó 982 822 833.

Así mesmo, o acto poderase seguir a través de Zoom e tamén por Youtube. No caso de Zoom os participantes disporán da opción de tradución simultánea a inglés.

Dirección e detalles para asistencia en remoto ou presencialmente a continuación.

Ligazón canle de Youtube (audio en galego)

Ligazón a Zoom (audio en galego e inglés). Aqueles usuarios que desexen seguir o acto en inglés, deberán conectarse usando a aplicación de Zoom para Windows (o acceso dende o navegador ten funcionalidades limitadas e non inclúe opción de interpretación simultánea).

Enderezo do acto:

Salón de Actos, Escola Politécnica Superior de Enxeñaría

Rúa Benigno Ledo, Campus de Lugo,

Como chegar: Google MAPs - OpenStreetMAP - Coordenadas: 42.99354, -7.54381


Land Matters está dispoñible en versión impresa e dixital en acceso aberto (seleccionar transacción Gratis) ou descarga directa dende aquí.

DOI: https://dx.doi.org/10.15304/op.2022.1397

 

 
Arquivos