presentación do libro "Regional/Transboundary Transport of Air Pollution" no edificio CACTUS

Enviado por laborate o ven, 03/10/2008 - 16:15 GMT.

O próximo martes 7 de Outubro, ás 12:00 horas, Urbano Fra realizará a presentación, no edificio CACTUS do campus de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela (USC), do libro "Regional/Transboundary Transport of Air Pollution" editado por Urbano Fra, da USC, e Dimitrios Melas, da Universidade de Thessaloniki (Grecia).

Esta obra é o resultado do traballo de síntese realizado por 14 investigadores de varios países europeos sobre o proceso de contaminación atmosférica transfronteiriza desenvolvido no marco dun estudio financiado pola Organización do Tratado do Atlántico Norte (OTAN). Os distintos capítulos tratan sobre o inventario, monitorización, modelización, avaliación de impacto e xestión deste risco ambiental de orixe tecnolóxica.

Entre os autores pódese salientar a Zahari Zlatev, un dos especialistas mundiais máis recoñecidos en modelización de procesos de transporte e Laszlo Bozo, actual presidente do Servizo Meteorolóxico de Hungría.

A publicación conta co apoio do Comité Español do International Human Dimensions Programme on Global Environmental Change, do que forma parte o presentador.

español