Demostración do Microdrone MD 4-200

Enviado por laborate o mar, 07/10/2008 - 16:03 GMT.

O pasado venres 3 de Outubro, fíxose no LaboraTe unha demostración do Microdrone MD 4-200, un microavión cuatrimotor e dirixido por control remoto fabricado pola empresa alemana Microdrones GmbH. O interés deste microavión está na súas capacidades de fotogrametría, gracias ás cámaras de fotografía e vídeo que pode transportar.

parte do persoal do LaboraTe fotografado polo MD 4-200 de demostración

Algunhas das características máis salientables do MD 4-200 son:

  • cámaras de visión diurna (vídeo) e nocturna (vídeo e fotografía)
  • xiroscopio, acelerómetro e sensores de presión, temperatura e humedade
  • gravación de datos en tempo real en tarxetas de memoria microSD
  • datos dispoñibeis na estación base: estado da batería, altitude, posición...
  • fabricado en fibra de carbono e reducido peso (900 gramos) e ata 200 gramos de carga
  • ata 20 minutos de autonomía
  • ata 500 metros de distancia operativa
  • control por radio analóxico (frecuencia modulada) e dixital (telefonía móbil GSM)
  • menos de 65 dBA de ruido a 3 metros de altura
  • aterraxe automática en caso de perda de radiocomunicación ou esgotamento de batería
  • navegación autónoma opcional gracias a un GPS integrado
fotografía do Microdrone MD 4-200, cortesía de Microdrones GmbH

ligazóns de interés:

  • http://www.cartogalicia.com/htm/nuevomotor.htm (en castelán)
  • http://www.microdrones.com/md4-200.html (en inglés)
español