presentación dos avances no PXOM do concello de Guitiriz

Enviado por laborate o lun, 03/11/2008 - 16:43 GMT.

O pasado 23 de Outubro presentáronse na Escola Habenera de Guitiriz os avances ata o de agora realizados no Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de dito concello.

A presentación foi levada a cabo polo equipo redactor formado polo director do grupo de investigación Laborate da USC, Rafael Crecente, Alberte Rodríguez, en representación do Gabinete de Arquitectura e Urbanismo, e Mario Crecente, de Crecente e Asociados.

Trala exposición foi o Director Xeral de Desenvolvemento Sostible, Emilio M. Fernández Suárez, quen impartiu unha conferencia sobre a avaliación ambiental estratéxica de plans e programas en relación cos seus efectos no medio ambiente. Nunha segunda parte da charla explicou ademais as directrices básicas do proxecto piloto da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible denominado «Núcleos de Sostibilidade», do que Guitiriz forma parte.

Máis información nos seguintes enlaces:

  • Avaliación Ambiental Estratéxica: http://aae.medioambiente.xunta.es/
  • proxecto «Núcleos de Sostibilidade»: http://medioambiente.xunta.es/pdf/dxds/Nucleos_Sostenibilidade_Integrada.pdf
español