O LaboraTe organizará o congreso ForestSat do 2010

Enviado por laborate o mér, 24/06/2009 - 01:34 GMT.

O Laboratorio do Territorio (LaboraTe) da Universidade de Santiago de Compostela organizará o congreso ForestSat do 2010. Este congreso é un xa un dos consolidados, téndose celebrado anteriormente no 2003 en Edimburgo (Escocia, Reino Unido), no 2005 en Bocas (Suecia) e no 2007 en Montpellier (Francia). A edición do 2010 celebrarase en Lugo.

ForestSat é un congreso pensado para que profesionais dos campos da teledetección, sistemas de información xeográfica e enxeñería forestal (e disciplinas afíns) intercambien coñecementos acerca dos bosques. Os bosques son importantes dende os puntos de vista económico e social, e dende os anos 90 teñen tamén un papel importante na conservación do medio ambiente, a loita contra o efecto invernadoiro e os procesos de desertización. Cómpre, polo tanto, coñecelos mellor. Nestes últimos anos os avances nas técnicas de teledetección teñen xogado un importante papel no inventariado e caracterización dos bosques. A posta en funcionamento de novos satélites e sistemas LiDAR, ambos con precisións cada vez maiores, fará que a información dispoñible aumente tanto en cantidade como en calidade, dando pé a aparición de novas aplicacións, facilitando a toma de decisións e a avaliación do impacto ambiential destas.

En breve, na páxina web http://forestsat2010.usc.es/ darase información polo miúdo acerca do congreso (datas, lugar, call for papers...).

español