O LaboraTe fai un inventario das vías municipais do concello de Lugo

Enviado por laborate o mar, 07/07/2009 - 15:58 GMT.

O Laboratorio do Territorio (LaboraTe), da Universidade de Santiago de Compostela (USC), vén de entregar ó concello de Lugo un inventario das vías municipais existentes no municipio. Este inventario é un rexistro das vías municipais que dan servicio público e nel tamén constan a súas denominacións e datos como lonxitude, superficie ou tipo (estradas, camiños e vías forestais). Neste traballo colaborou Protección Civil de Lugo, cuxo responsable é Enrique Fernández.

Un total de 639 vías municipales foron identificadas, estando a información dispoñible tanto en formato dixital como en papel. Para elaborar o inventario, os investigadores consultaron grandes volumes de información, e de moito tipo: dende fotografías aéreas a documentos do Arquivo Histórico Provincial, pasando polo Catastro de Ensenada, documentos da desamortización da época Mendizábal, rexistros de propiedade ou nomenclátores que datan de 1887. A investigación levou aproximadamente un ano.

A información recollida neste inventario é de interese en moitos proxectos de ámbito municipal, entre os que están a sinalización, o planeamento urbanístico, rutas de sendeirismo ou identificación de lugares de interés medioambioental. Este inventario pode, ademáis, ser de utilidade para recuperar corredoiras desaparecidas.

O Concello de Lugo está a considerar a posibilidade de encargar á USC un catálogo de corredoiras, esto é, de camiños tradicionaies que aínda se conservan e que no se teñen transformado en pistas. O concelleiro de Medio Ambiente e Zona Rural, Lino González, opina que nos últimos anos teñen desaparecido moitas corredoiras por mor, principalmente, de cambios na propiedade das fincas. Estas corredoiras poden ter valor etnográfico e, ademáis, servir para trazar rutas de sendeirismo.

» máis información en "El Concello de Lugo encargará a la USC un catálogo de sus corredoiras" (no xornal La Voz de Galicia)

español