O LaboraTe participa no International Opensource Geospatial Research Symposium

Enviado por laborate o mar, 14/07/2009 - 15:31 GMT.

O Laboratorio do Territorio (LaboraTe) participou na primeira edición do International Opensource Geospatial Research Symposium, celebrado en Nantes (Francia) os pasados días 8, 9 e 10 de Xullo.

Estre simposio está organizado polo IRSTV (Institut de Recherche en Sciences et Techniques de la Ville) e, como o seu nome indica, é un evento no que expertos en diversas ramas da investigación xeoespacial analizan e discuten as aplicacións e o impacto que o software de código aberto (open source), e máis en xeral, a súa filosofía, teñen nos seus respectivos eidos.

Máis polo miudo, o obxectivos deste simposio foron os seguintes:

  • presentación de traballos feitos con software de código aberto
  • debatir sobre as eivas e beneficios do software de código aberto e maila súa filosofía
  • crear unha rede de intercambio de ideas que facilite a colabaración de institucións académicas, autoridades e sector privado en proxectos de diverso tipo

A aportación do LaboraTe foi "An alternative approach to object oriented classification of historical black & white aerial photographs using GRASS GIS and R", traballo no que se utilizan técnicas de clasificación orientada a obxectos para estudiar a evolución dos distintos usos do solo (agricultura, gandeiría, forestal...) a partires de fotografías aéreas. Este traballo fíxose con GRASS, que é software de código aberto.

icono ficheiros PDF descargar
An alternative approach to object oriented classification of historical black & white aerial photographs using GRASS GIS and R
español