Resumo da conferencia "As perspectivas financieiras da reforma da Política Agraria Común"

Enviado por laborate o lun, 17/10/2011 - 13:37 GMT.

O pasado 14 de Outubro, no marco do Máster en Xestión Sustentable da Terra e do Territorio (MTT), José Manuel Silva Rodríguez, director xeral de agricultura da Unión Europea, impartiu a conferencia "As perspectivas financieiras da reforma da Política Agraria Común".

José Manuel Silva Rodríguez

Na súa intervención salientou, entre outros, o establecemento de tres novos principios na nova Política Agraria Común:

  • Redistribución de beneficios.
  • Converxencia, no senso de axudas iguais para rexións agrarias homoxéneas.
  • Elemento verde, como compensación polos beneficios medioambientais e sociais das actividades agrícolas.

Cómpre tamén salientar a aparación de tres novos elementos:

  • Fondo de crise (por exemplo, a recente crise E. coli).
  • Fondo para evitar os efectos da globalización.
  • Programa de investigación agraria.

Silva Rodríguez explicou tamén as razóns da desaparición dos pagos históricos, a ligazón das axudas á terra no canto dos productores e os potenciais conflitos con outras políticas europeas e internacionais ("caixa verde" e "caixa azul", tratados da Organización Mundial do Comercio...), salientando que dende Bruxelas hai que gobernar "para todos" e tendo en conta a dificultade de xestionar o territorio.

conferencia 'As perspectivas financieiras da reforma da Política Agraria Común'

Falouse tamén do longo debate que se agarda no Parlamento Europeo, do reparto dos fondos que se produce dentro de cada país e da responsabilidade que deben ter os dirixentes nacionais á hora de xestionar o seu propio territorio, apelando a que non empreguen a "Europa" para evadir responsabilidades.

A conferencia rematou cunha rolda de preguntas aberta, onde empregados públicos e representantes de sindicatos e cooperativas, entre outros, amosaron os seus puntos de vista e formularon distintas preguntas.

Finalmente, nun acto separado os alumnos do máster MTT recibiron unha clase de Silva Rodríguez.

ligazóns relacionadas

  • Televisión de Galicia: O director xeral de Agricultura da Unión Europea, o galego Xosé Manuel Silva, defende a reforma da PAC
  • El País: "La reforma que nadie quiere" (en castelán)
  • El Progreso de Lugo: "José Manuel Silva da una charla en la Politécnica sobre la reforma de la PAC" (en castelán)
english español