Enviado por laborate o xov, 05/01/2012 - 00:55 GMT.
O LaboraTe vén de organizar, durante a xornada do 14 de
decembro de 2011, un taller de discusión para persoal técnico
da Consellería de Medio Rural.
O taller inscríbese na colaboración que ámbalas dúas entidades
manteñen no marco do proxecto internacional
F:ACTS!,
e tivo como obxectivo a elaboración dunha visión de futuro
para a área piloto situada arredor do monte do Carrio (nos
concellos de Lalín e Vila de Cruces), para a implantación
dunha estratexia de desenvolvemento territorial con enfoque integrado.