Enviado por laborate o mér, 16/05/2012 - 20:18 GMT.
O Grupo de Desenvolvemento Rural de As Mariñas-Betanzos
programou unha serie de seminarios de formación en agricultura
ecolóxica para os meses de verán. Con 30 prazas, os cursos
permitirán atraer a personas interesadas en obter colleitas
máis respetuosas co medio ambiente, xa que o interés no
auto-cultivo está a medrar na comarca de Betanzos.
A proliferación de hortas urbanas acontencida en varios
municipios de Galicia é unha mostra da demanda existente,
que se incrementou durante os últimos anos. Por exemplo,
unha iniciativa deste tipo organizada pola Deputación de
Lugo tivo moito éxito, quedando preto de 70 personas apuntadas nunha lista de espera.
Os cursos de formación serán celebrados entre os meses de
Xullo e Septembro, impartíndose cada semana unha clase de
tres horas de duración.
ligazóns e descargas relacionadas: