Enviado por laborate o lun, 19/11/2012 - 11:44 GMT.
O LaboraTe participou cunha comunicación nas
Xornadas Ibéricas de Infraestruturas de Datos Espaciais
(JIIDE), celebradas en Madrid do 17 ó 19 de pasado mes de
Outubro, coa comunicación titulada "Servicio de nomenclátor
utilizando el motor de búsqueda Solr. Caso práctico en la
provincia de Lugo."
Estas xornadas celébranse dende o ano 2005 e o seu obxectivo
é fomentar "o coñecemento e a difusión das Infraestruturas
de Datos Espaciais e dos beneficios que a interoperabilidade
da Información Xeográfica pode aportar á sociedade."
Na comunicación presentada amósase o servizo de nomenclátor
da provincia de Lugo, cuxa principal novedade é de carácter
técnico e consiste en que utiliza o motor de búsqueda Solr
para procurar fenómenos xeográficos xeo-referenciados, no
canto de optar pola solución tradicional, que se apoia en
bases de datos relacionais. As avantaxes desta tecnoloxía
son que as operacións de búsqueda execútanse máis rápido
e os resultados obtidos son de maior calidade.
ligazóns e descargas relacionadas:
- presentación "Servicio de nomenclátor con Solr. Caso práctico provincia de Lugo." (en castelán) [PDF, ~550 kB]
- blog IDEE, "Servicio de nomenclátor en la provincia de Lugo utilizando el motor de búsqueda Solr." (en castelán): http://goo.gl/BX4nz
- presentacións e comunicacións das JIIDE 2012: http://goo.gl/FZoFR