Enviado por laborate o mér, 28/11/2012 - 12:51 GMT.
A empresa Gabinete de Arquitectura e Urbanismo
(GAU) e o LaboraTe presentaron ó concello Lugo un proxecto
de rehabilitación urbanística para o barrio da Milagrosa,
na cidade de Lugo.
Actualmente neste céntrico barrio hai un grande número de
vivendas e edificios pechados, cando non en estado de abandono;
mesmo algúns deles non estarían en condicións de superar
a inspección técnica de edificios obrigatoria.
O proxecto presentado afecta a 4012 solares con 291 vivendas.
«Hai, ademáis, 40 referencias nas que se interviría, catro
ou cinco catalogadas no Plan Xeral como edificios de interés
xeral, que gozan de protección.», declarou Alberte González
Rodríguez, de GAU. No proxecto tamén se contempla a posibilidade
de recuperar espazos interiores da mazá, e mesmo unha intervención
ambiental no caso de que «se puidese obter algún solar ruinoso».
Este proxecto contou cunha boa acollida por parte de asociacións
de veciños da zona e do concello. Mesmo existe a posibilidade
de que este barrio sexa declarado como Área de Rehabilitación
Integral tras a posta en marcha do Plan de Vivenda 2013
- 2016 do ministerio de Fomento.
ligazóns relacionadas: