O LaboraTe participa na conferencia "Resilient areas: connecting climate change to peri-urban and rural development", do proxecto F:ACTS!

Enviado por laborate o mér, 05/12/2012 - 12:58 GMT.

O proxecto Forms for: Adapting to Climate Change through Territorial Strategies! (F:ACTS!) celebrou a terceira e derradeira Conferencia Rexional Final, "Resilient areas: connecting climate change to peri-urban and rural development" os días 29 e 30 de Novembro en Bruselas (Bélxica).

conference 'Resilient areas: connecting climate change to peri-urban and rural development', foto 1

A Consellería de Medio Rural e do Mar da Xunta de Galicia, e o Laboratorio do Territorio (LaboraTe), da USC, participaron nas xornadas destinadas a dar a coñecer as actividades realizadas e os resultados conseguidos no proxecto financiado pola iniciativa europea INTERREG IVC, que contou coa participación de 14 institucións de oito países distintos.

Durante os tres anos de duración - do 1 de Xaneiro de 2010 a 31 de Decembro de 2012 -, o eixe de traballo xirou entorno ó intercambio de coñecementos e experiencias a través de reunións, visitas de estudo, talleres temáticos e xornadas de difusión entre os distintos socios; así como, entre os principais axentes e institucións de ámbito local dos cinco proxectos piloto: Monte Carrio (Galicia, España), Strofylia (Grecia), De Wijers (Limburg, Bélxica), Baixo Vouga Lagunar (Aveiro, Portugal) e Varna (Severoiztochen, Bulgaria).

A proposta de Estratexias Territoriais Integradas como medio para o desenvolvemento territorial no marco das particularidades económicas, ambientales e sociais específicais para cada unha das zonas piloto, altamente susceptibles a problemas de inundacións, sequías e incendios como efectos do cambio climático, foron presentadas na primeira das xornadas de difusión.

Por outra banda, as principais conclusións e boas prácticas globais compartidas son aplicables a calquera zona de Europa con problemas similares. Estas foron recollidas no manual "Formas de Adaptación ó Cambio Climático mediante Estratexias Territoriais Integradas", e presentadas na xornada celebrada o 30 de Novembro.

conference 'Resilient areas: connecting climate change to peri-urban and rural development', foto 2

Os principios de cooperación, participación e compromiso das partes interesadas, latentes ó longo de toda a experiencia, estiveron tamén presentes no evento final mediante a recollida de opinión e a discusión de resultados en sendas mesas de debate con expertos, representantes políticos e estudantes de distintas nacionalidades.

A participación na clausura do acto do responsable da Dirección Xeral de Agricultura e Desenvolvemento Rural da Comisión Europea, José Manuel Silva Rodríguez, puxo de manifesto a importancia dos resultados do proxecto de cara á nova Política Agraria Común (PAC), dada a influencia do clima na producción agraria e a importancia da agricultura no equilibrio ecolóxico e económico local e rexional. Así mesmo, indentificou os resultados como parte dunha das principais liñas estratéxicas da nova PAC: fomentar a investigación e o desenvolvemento para lograr a innovación e permitir adaptar políticas xerais e sectoriais ás particularidades territoriais.

ligazóns e descargas relacionadas:

  • presentación "F:ACTS: Pilot project in Monte do Carrio area (Spain)" (en inglés) [PDF, ~2,3 MB]
  • F:ACTS! Handbook (en inglés): http://goo.gl/92IIU
english español