Finaliza o proxecto F:ACTS!, os seus resultados xa dispoñibles

Enviado por laborate o ven, 21/12/2012 - 16:20 GMT.

Logo de 3 anos o proxecto F:ACTS!, no que participaron a USC a través do Laboratorio do Territorio e a Consellería do Medio Rural, está a finalizar. Estos tres anos foron unha viaxe excitante aprendendo como as estratexias territoriais integradas poden facilita-la adaptación dos territorios ós riscos do cambio climático, e facelos máis resilientes ós seus efectos.

F:ACTS!, Bruxelas

Os resultados e conclusións do proxecto presentáronse en 3 conferencias inter-rexionais celebradas os pasados meses de Outubro e Novembro. Podes atopar as presentacións e imaxes das conferencias en Bruxelas, Budapest e Santiago de Compostela na páxina web do proxecto F:ACTS!. Tamén poderás descargar o F:ACTS! Handbook, que reúne todo o coñecemento, experiencias e boas prácticas identificadas ó longo do proxecto.

Dende o partenariado do proxecto agradecemos a tódalas persoas que dun xeito ou doutro contribuíron ó seu éxito e desexamos un feliz 2013.

english español