O LaboraTe participa nunha xuntanza cos xerentes dos Grupos de Desenvolvemento Rural de Galicia

Enviado por laborate o mér, 26/12/2012 - 13:50 GMT.

O pasado 20 de Decembro celebrouse en Lalín (Pontevedra) unha xornada na que se reuniron os Grupos de Desenvolvemento Rural de Galicia e mailo LaboraTe.

xornada GDR - LaboraTe, foto 1

O principal obxectivo desta xornada era chegar a un consenso sobre as accións prioritarias a levar a cabo tanto no eido rural como na xestión diaria dos propios grupos, buscando sempre unha mellor coordinación para lograr que ditas accións sexan máis efectivas. Outro dos obxectivos desta xornada era a busca da novos métodos que fagan máis doado chegar a propostas consensuadas que conten coa participación de tódolos axentes.

xornada GDR - LaboraTe, foto 2

Espérase celebrar unha xornada adicional a principios de Xaneiro do 2013. Nesta nova xornada o obxectivo será a busca de accións concretas para o novo período de financiamento 2014-2020 do programa LEADER da Unión Europea (UE), onde se prestará especial atención ás accións que se poden levar a cabo tendo en conta as consecuencias da presente crise económica, os cambios introducidos na nova Política Agraria Común da UE e a evolución do sector agroalimentario.

english español