Seminario Internacional Brasil-España-Portugal (SIBEP) - 3ª Edición

Enviado por laborate o xov, 02/05/2013 - 08:11 GMT.

A terceira edición do Seminario Internacional Brasil, España e Portugal terá lugar os días 5, 6 e 7 de xuño de 2013 no campus de Lugo, co obxectivo de difundir as actividades e resultados obtidos por investigadores e estudiantes de grao e posgrao dos tres países participantes, e identificar oportunidades de cooperación e participación.

Seminario Internacional Brasil, España e Portugal

O ámbito temático do seminario resulta dunha mirada ampla sobre o territorio e a poboación local, e inclúe aspectos relacionados coas transformacións da paisaxe, a gobernanza do risco, o desenvolvemento rural, as tecnoloxías e ferramentas de análise da información territorial, a xestión de terras, o planeamento urbano e territorial, a sostibilidade e xestión dos recursos naturais, e os procesos e conflitos sociais.

Aberto a estudiantes de grao, máster e doutoramento.

Datas

Data límite para o envío de resumos: 14 de maio de 2013

Data límite para a inscrición: 5 de xuño de 2013

español