Presentación da IDE da Universidad del Azuay a cargo do Enx. Diego Pacheco

Enviado por laborate o mar, 01/10/2013 - 09:53 GMT.

O pasado día 27 de Septembro o enx. Diego Pacheco ofreceu no LaboraTe unha presentación sobre a Infraestructura de Datos Espaciais da Universidad del Azuay (Cuenca, Ecuador) e as aplicacións SIX Web que desenvolveron para a xestión e administración do territorio e os seus recursos.

Dentro das tecnoloxías web existen mecanismos establecidos para publicar información cartográfica. Con esta tecnoloxía faise posible publicar información cartográfica a través de servidores de mapas dunha forma estándar, o que permite a interoperabilidade de datos a nivel mundial. Como resultado, as infraestructura de datos espaciais e os six web tiveron un crecimiento acelerado en nos últimos anos. A través do emprego das tecnoloxías da información xeográfica, o IERSE (Instituto de Estudios de Régimen Seccional del Ecuador de la Universidad del Azuay) levou a cabo proxectos, estudios e investigacións relacionados coa xeración e edición de cartografía dixital, implementación de sistemas de información xeográficos, tratamento dixital de imaxes satélite, medicións có sistema global de posicionamiento GPS, así como a xeración de información base e temática a partires de foto-restitución dixital.

Máis información

  • Presentación online (prezi)
  • IDE Universidad del Azuay