Wim Timmermans defendeu a súa Tese "Innovación na planificación de usos do solo e espacios verdes: unha aproximación desde a teoría da complexidade"

Enviado por laborate o lun, 14/10/2013 - 09:31 GMT.

Wim Timmermans, profesor da *van Hall Larenstein University* , defendeu a súa tese de doutoramento titulada "Innovación na planificación de usos do solo e espacios verdes: unha aproximación desde a teoría da complexidade" o pasado venres día 4 de outubro de 2013 na Escola Politécnica Superior do Campus de Lugo.

A tese, dirixida polos doutores Rafael Crecente Maseda e Urbano Fra Paleo, propón unha visión dos procesos de planificación que nega o seu carácter lineal e trata de explicar o seu desenvolvemento desde a perspectiva das presións externas e internas que os afectan. O modelo xeral proposto suxire que ante unha crise do proceso e a incapacidade de continuar polo camiño orixinalmente concibido, o resultado pode ser un cambio no nivel de complexidade total -a miúdo cara maiores niveis de complexidade- que sexa capaz de integrar consideracións, intereses, e problemas adicionais aos iniciais.

Abaixo os enlaces a tesis do Dr.Timmermans en youtube

  • Tesis Wim Tammermans Parte 1
  • Tesis Wim Tammermans Parte 2
  • Tesis Wim Tammermans Parte 3