Curso Sensores Remotos: Introducción á captura e procesado de datos

Enviado por admin o ven, 22/11/2013 - 16:16 GMT.

A Universidade de Santiago de Compostela acollerá, na semana do 9 ó 13 de decembro de 2013, o Curso de Formación Continua en modalidade semipresencial Sensores Remotos: Introducción á captura e procesado de datos, que se celebrará en horario de 18:30 a 21:30 horas na Sala AccessGrid do Edificio Cactus, Campus Sur (Vida), Santiago de Compostela.

O curso que aquí se presenta surxe da experiencia investigadora acumulada nos últimos anos dentro dunha das liñas prioritarias de investigación do Laboratorio do Territorio (USC): SIG, fotogrametría e teledetección.

As novas tecnoloxías sobre captura de información, como a tecnoloxía láser ou os avións non tripulados (UAV), sufriron grandes avances na última década, converténdose en fontes de información de gran importancia en numerosos ámbitos da nosa sociedade.

Neste curso pretendemos acercar estas tecnoloxías ós usuarios potenciais, así como os coñecementos básicos necesarios para o procesamento dos datos derivados destas, con aplicación ó estudio do medio físico. Gran parte do curso centrarase no tratamento de datos obtidos de LiDAR aerotransportado, pero tamén se fará unha breve aproximación á captura de datos en campo, procesamento e integración de datos obtidos a partir de láser escáner terrestre e de UAV.

O curso está dirixido a técnicos, tanto de empresas privadas como de organismos públicos, que poidan estar interesados no manexo da información espacial dende os seus múltiples ámbitos de aplicación: a cartografía, a topografía, a xestión forestal e o medio ambiente, a ordenación do territorio, o urbanismo, xestión de terras, a xestión de riesgos naturais, etc. Ten como fin último dotar ós alumnos de coñecementos que lles permitan aproveitar as novas tecnoloxías co propósito de xestionar e xerar información xeográfica de calidade.

Máis detalles sobre o curso neste tríptico.

Se estás interesado, descarga o boletín de inscrición aquí, cúbrelo e envíasnolo á dirección de correo electrónico curso.lidar@usc.es

Para máis información:

  • Tlf: 982 823 259
  • curso.lidar@usc.es
español