XI Xornadas Técnicas de Vacún de Leite

Enviado por admin o mér, 27/11/2013 - 11:08 GMT.

O pasado venres día 15 de novembro de 2013, celebráronse na Facultade de Veterinaria de Lugo as XI Xornadas técnicas de vacún de leite, nas cales estivo presente o LaboraTe ca conferencia de Quico Ónega López, "Máis terra? Hai resposta para esta pregunta?"

Nestas xornadas houbo un alto grado de participación, xuntáronse alumnos da USC, ganadeiros, técnicos e outros profesionais relacionados co sector.

O debate principal das xornadas foi cómo obter unha maior rentabilidade das granxas mediante diversas técnicas para un mellor manexo do vacún de leite. Outros temas de debate foron a alimentación das vacas de alta producción, a saúde podal, a monitorización do parto, e outros asuntos de interese.

Finalmente, na presentación de Quico Ónega reflexionouse sobre a necesidade, a dispoñibilidade potencial e a oportunidade de conseguir máis terra por parte das gandeirías.

Tedes no seguinte enlace o vídeo da conferencia íntegra:
-"Máis Terra? Hai resposta para esta pregunta?"

Ou tamén na nosa canle de Youtube

english español