Xornada sobre o Partenariado Europeo para a Innovación en Galicia

Enviado por admin o mar, 03/06/2014 - 12:18 GMT.

O vindeiro venres 6 de Xuño terá lugar a xornada "Retos e oportunidades para o agro galego: a aplicación en Galicia do partenariado europeo para a innovación", coa que se espera dar a coñecer a potencialidade deste novo enfoque no marco da PAC, demostrar a súa viabilidade a través de experiencias en marcha e amosar cómo se recolle no Plan de Desenvolvemento Rural galego. A xornada está organizada pola Fundación Empresa-Universidad Gallega (FEUGA), a Fundación Juana de Vega e o Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM) do Instituto Galego da Calidade Alimentaria da Consellería do Medio Rural e do Mar. Máis info aquí

O LaboraTe participa activamente no impulso do partenariado europeo para a innovación na agricultura a través do Punto de Servizo da Dirección Xeral de Agricultura da CE.

español