Aprobada Fase II do proxecto Ecuidti

Enviado por admin o lun, 01/09/2014 - 11:32 GMT.

O pasado día 5 de Agosto publicouse a Resolución da convocatoria de subvencións para proxectos de cooperación entre elas está o proxecto Ecuador Territorio Inteligente: apoyo a la Investigación, Desarrollo, Transferencia e Innovación en Ordenación del Territorio y Tecnologías de Información Geográfica (ECUIDTi), financiado por Cooperación Galega.

logotipo de Cooperación Galega ECUIDTi logo

Podedes acceder a toda a información relativa ó proxecto na súa páxina web http://laborate.usc.es/ecuidti

Este proxecto está coordinado polo LaboraTe - grupo de investigación 1934-TB da Universidade de Santiago de Compostela (USC) - e o Grupo de Arquitectura de Computadores, da Universidade de A Coruña (UdC).

Por parte ecuatoriana, este proxecto conta ca participación do Instituto de Estudios de Régimen Seccional del Ecuador (IERSE) da UDA, como Coordinador da Rede RIGTIG. As entidades beneficiarias serán, ademáis da UDA, a Universidad de Cuenca (UC), a Universidad Nacional de Loja (UNL), a Universidad Técnica Particular de Loja (UTPL), a Escuela Superior Politécnica del Litoral (ESPOL) e a Escuela Politécnica del Ejercito (ESPE) cas que a USC mantén acordos vixentes de colaboración.

O orzamento asignado ascende a 99.379,00 EUR e as diversas accións do proxecto levaránse a cabo nun período dun ano. Entre éstas atópanse:

Actividades (ACT) ordenadas por Resultados Esperados (RE):

  • RE 1.1: Mellorala calidade da docencia no ámbito da xestión do territorio nas universidades ecuatorianas pertencentes á RIGTIG
    • ACT 1.1.1: Programa de estancias de L/P en Galicia para docentes/investigadores ecuatorianos
    • ACT 1.1.2: Programa de estancias de C/P en Ecuador para docentes/ investigadores galegos
  • RE 1.2: Incrementar a investigación no marco da RIGTIG
    • ACT 1.2.1: Presentación de proxectos de investigación en Ecuador
  • RE 1.3: Mellorala xestión da RIGTIG, e do proxecto ECUIDTi II
    • ACT 1.3.1: Garantizalo funcionamento regular da RIGTIG.
    • ACT 1.3.2: Dar o seguemento e facer evaluación ó proxecto
español