Enviado por admin o ven, 05/12/2014 - 11:43 GMT.
                
                 
                    
                    
                        O pasado 25 de novembro, fomos convidados a participar nas 
                        II Xornadas de Paisaxismo e Medio Rural, organizadas polo 
                        CFEA de Guísamo.
                    
                    
                        En representación do LaboraTe, acudiu á cita o profesor 
                        Fco. Javier López, que presentou un relatorio co título "Diversidade paisaxística dende unha orixe común". 
                        Nel, fixo balance da evolución da nosa paisaxe rural, facendo 
                        fincapé na pérdida de diversidade que están a causar nesta 
                        paisaxe as recentes especializacións agrarias e forestais 
                        e outras ameazas.
                    
                      
                    
                        Estivo acompañado nestas xornadas polo tamén profesor da 
                        USC Federico López Silvestre, que falou sobre a percepción 
                        da paisaxe por parte de determinados escritores e artistas 
                        na súa intervención titulada "Sobre as mil poesías da paisaxe".
                    
                    
                        Pé de foto: Javier López e o director do CFEA de Guísamo,
                        na presentación das xornadas.