Institucións e planeamento (tese de doutoramento)

Enviado por admin o lun, 02/02/2015 - 10:36 GMT.

José María Tubío ven de defender, o pasado 16 de xaneiro, a tese de doutoramento titulada "Institucións e planeamento urbanístico. A adopción da LOUGA polas autoridades locais en Galicia", realizada baixo a dirección dos profesores Rafael Crecente e Harvey M. Jacobs.

O traballo achégase ás razóns dos concellos para adaptar ou non o seu planeamento ás esixencias do marco legal vixente, desde o punto de vista da teoría institucional. Tendo en conta que un dos obxectivos da LOUGA era limitar a conversión de solo rústico en solo urbano, algunhas das conclusións son particularmente chamativas: por exemplo, que moitos dos concellos que decidiron adaptarse o fixeron precisamente para aumentar a superficie clasificada como solo urbano ou urbanizable, mentres que aqueles que verían reducida esta superficie simplemente trataron de non adaptarse.

O mapa estará dispoñible para descarga por calquera usuario no sitio web do Sistema de Información Territorial da USC

english español