Charla: "O ABC da OCDE"

Enviado por admin o mér, 18/03/2015 - 12:27 GMT.

O Dr. Mark R. Cropper, experto da Dirección Xeral de Agricultura e Desenvolvemento Rural da Comisión Europea, con responsabilidades na oficina de Relacións Institucionais da OCDE, será o noso invitado durante o xoves día 19 de marzo, e impartirá unha charla aberta ao público ás 12:00 h na Sala de Xuntas da Escola Politécnica Superior de Lugo, sobre aspectos relacionados coa agricultura, o desenvolvemento rural, a mobilidade de terras agrarias, e a administración de terras.

Durante a tarde do mesmo día, o Dr. Cropper impartirá unha clase-taller ao alumnado do máster en Xestión Sustentable da Terra e o Territorio sobre as reformas da PAC.

english español