Enviado por admin o ven, 04/09/2015 - 09:20 GMT.
                
                 
                    
                    
                        O noso compañeiro, orientador e amigo Rafa Crecente finou o pasado 1 de
                        xullo de 2015. Rafa non era unha persoa común, e a súa vehemencia e
                        sinceridade nunca motivaban a indiferencia dos seus interlocutores.
                        Temos boa proba no número de persoas que, desde diferentes partes do
                        mundo, se puxeron en contacto con nós durante estes días para compartir
                        a súa tristeza: expresamos desde aquí o noso agradecemento a todas
                        elas.
                    
                      
                    
                        O Laboratorio do territorio é o froito da súa dedicación ao traballo, o
                        seu inconformismo, a súa constancia e a súa vontade de superar
                        continuamente os resultados acadados. Rafa, botarémoste moito de menos,
                        e trataremos de estar á altura!