Innovación e comunidades, eixo do Encontro Rural Imaxinado

Enviado por eva.lopez o sáb, 14/11/2015 - 16:23 GMT.

O 13 de novembro Lalín acolleu o Encontro Rural Imaxinado: Do presente ao futuro porvir organizado pola rede de grupos de investigación ReVOLTA, da que forma parte o Laboratorio do Territorio(Laborate).

Repensar o rural a través de múltiples olladas e dende diversas formas de facer e pensar o medio rural é o obxectivo do encontro, que xurdiu como un espazo de discusión critica que nos permita pensar que alternativas estanse dando ou poden dar no medio rural, para que este siga sendo ese lugar cheo de vida.

A través deste Encontro pretendeuse apelar a: Que estamos facendo dende o medio rural para respostar aos reptos que nos enfrontamos no s. XXI?, e como podemos imaxinarnos o futuro que esta por vir?. Así lanzouse unha Open Calla aberta á participación de todos e todas as interesadas e interesados co fin de poder partillar as diferentes formas de vivir e pensar o medio rural. Dun total de 25 propostas de presentacións foron seleccionadas 16, que en palabras do coordinador da rede, o catedrático de Historia Contemporánea, Lourenzo Fernández Prieto "son unha mostra ampla do caracter innovador do medio rural, e da capacidade de repensar outras formas de habitar o mesmo".

A rede ReVOLTA está composta por sete Grupos de Investigación que, en Galicia, e dende ámbitos disciplinares diversos (Economía Ecolóxica; Historia Ambiental; Enxeñería Rural e Ordenación do Territorio; Economía Agraria), e convoca este encontro co obxectivo de abrir á investigación ao conxunto da cidadanía.

O Encontro estivo aberto ao público interesado, e tivo lugar na Sala de prensa do Concello de Lalín o venres 13 de novembro.

Estruturouse en catro mesas, a primeira en torno a innovación e a resilencia, contou coa presenza de Manuel López Pérez da IXP Castaña de Galicia quen analizou A IXP Castaña de Galicia. Estado actual e novos reptos; posteriormente Elisa Otero Rozas falou sobre A volta ao campo dende unha mirada socio ecolóxica; Jose Manuel Andrade abordou a Innovación no rural desde a iniciativa privada: A Fundación Juana de Vega e por último Ultra_alimento falou arredor do O ultramarinos que leva ao extremo o poder do alimento.

Na Mesa Comunidades contouse coa presenza Colectivo Cultural Ollomao quen explicou A Universidade Rural de Barreiros; a Asociación ambiental Petón do Lobo analizou A microeconomía da paisaxe e do territorio. O empoderamento das comunidades locais para decidir sobre o seu territorio. O patrimonio estivo presente tamén a través de Ana María Enriquez de Arquivolta Rural, quen disertou sobre o Proxecto cultural para cultivar e transmitir o Patrimonio & as paisaxes das comunidades rurais. E por último nesta mesa, Miguel Pardellas, do Proxecto Batefogo expuxo a Prevención de lumes forestais a través da intervención social

Xa pola tarde na mesa de subxectividades Asociación Maisdetres falou arredor de Asociación Maisdetres: Necesidades persoais e crenzas colectivas nun rural imaxinado actual, Ángel Amaro Quintas sobre Tecendo coeducación rural pra erradicar as Violencias Basadas no Xénero (VBX): despatriarcalizando aldeas e parroquias dende unha óptica decrecentista e comunitaria; Marlene Anaya O Rural Imaxinado…como podemos imaxinar un futuro que está por vir? cunha especial incidencia no ámbito da política educativa, ao igual que Alicia Pardo, quen abordou a cuestión do: No camiño doutra política educativa.

E, na última mesa, a de Outras Economías, Cestola na Cachola analizou a potencialidade de Traballando en rede: economía social e solidaria desde a pintura; Raul Rios Rodríguez disertou sobre Os circuítos curtos de comercio de alimentos na Galiza atual: A difícil construçom de alternativas ao sistema agroalimentário convencional; Manuel Cebral Loureda do Alga Lab falará Ver medrar a natureza; e por último contouse coa presenza de Marcos Besada Álvarez do Espazo Agroecolóxico A Estruga Creación e xestión dun centro de recursos, aprendizaxe e investigación no medio rural. Unha perspectiva dende a xerra do Xistral

O Encontro foi retransmitido por streaming e os vídeos xa están subidos na canle da RedeRevolta

Web ReVOLTA

Evento no facebook

Palabra chave: #ruralimaxinado

Twitter: @rederevolta