A Xunta somete a información pública o Catálogo das Paisaxes que determinará o solo rústico de especial protección paisaxística

Enviado por eva.lopez o mér, 24/02/2016 - 17:02 GMT.

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, presentou o borrador deste documento técnico, que estará dispoñible durante dous meses na páxina web do departamento.

O catálogo establece un total de 207 Áreas de Especial Interese Paisaxístico (AEIP), das que o 80 por cento foron tamén sinaladas polos cidadáns e máis do 30 por cento identificadas exclusivamente por eles. As AEIP ocupan máis de 250.000 hectáreas, o que representa o 8,5 por cento do total do territorio galego.

Ademais, e entre outros contidos relevantes, o catálogo crea tamén un inventario de 444 miradoiros e identifica un total de 258 tipos de paisaxes diferentes.

Máis info en: http://www.xunta.es/notas-de-prensa/-/nova/3721/xunta-somete-informacion-publica-catalogo-das-paisaxes-que-determinara-solo-rustico