Presentado "O Modelo MARCOS" para a mobilización local e voluntaria de parcelas

Enviado por eva.lopez o ven, 08/04/2016 - 10:08 GMT.

O investigador do LaboraTe, Iván Díaz López, vén de presentar o proxecto coñecido como "O Modelo MARCOS" (Mecanismo Arario de Reestruturación Comunitaria da Superficie), que consiste nunha mobilización local e voluntaria das terras, de carácter temporal e sen cambio de titularidade; baseada en intercambios e arrendamentos entre propietarios da terra, de tal xeito que, adaptándose ás infraestruturas actuais, realizarase unha agrupación de predios atendendo ao aproveitamento das explotacións gandeiras da zona. O sistema articúlase entorno a un Organismo Xestor, dende o cal se realizará, de acordo con todos os axentes implicados, todo o proceso de reorganización parcelaria, asi como a posterior xestión dos fluxos de capital deribados do pagamento e cobro dos arrendamentos da terra.