O LaboraTe, presente no IV Seminario Internacional Brasil, España e Portugal (SIBEP) sobre planeamento territorial e desenvolvemento sustentable

Enviado por eva.lopez o ven, 15/04/2016 - 10:33 GMT.

O simposio, que se desenvolveu dende o 11 ao 13 deste mes, é unha iniciativa do grupo de investigación Assentamentos, do programa de pos graduación en Extensión Rural, da Universidade Federal de Viçosa e conta coa alianza xa consolidada da Universidade de Santiago de Compostela, a través do LaboraTe, e do Instituto Politécnico de Viana do Castelo e da Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro. Asemade, os organizadores tamén contaron co soporte e o apoio da Universidade Federal de Tocantins-UFT e da EMBRAPA Pesca e Acuicultura, no estado de Tocantins. Pola súa natureza multidisciplinar o SIBEP IV, así como as súas edicións anteriores, é de grande interese para a comunidade académica, tanto para aquelas relacionadas cos usos dos sistemas de información xeográfica e os temas ambientais, como as Ciencias Agrarias I, como para aquelas máis enfocadas nas cuestións socioeconómicas do proceso de desenvolvemento rural, así como para as Ciencias Sociaise as Ciencias Sociais Aplicadas. Pola calidade dos conferenciantes convidados, a riqueza da abordaxe multidisciplinar do evento, a posibilidade de consolidación de alianzas internacionais e nacionais e polo forte carácter de interiorización e solidariedade entre centros de investigación xa consolidados coa emerxente UFT e a recén creada EMBRAPA Pesca e Acuicultura, esta cuarta edición, celebrada na cidade de Palmas (rexión Norte), tivo unha grande audiciencia, posibilitando así un rico e produtivo debate académico en temas científicos de interese global.