Os grupos de investigación LaboraTe e ECOAGRASOC organizan as xornadas "A política de desenvolvemento rural 2014-2020. Novos e vellos retos para as áreas rurais"

Enviado por eva.lopez o xov, 23/06/2016 - 12:07 GMT.

Esta iniciativa enmárcase dentro dos Cursos de Verán da USC 2016. O evento terá lugar na Escola Politécnica Superior de Lugo durante os días 12, 13 e 14 de xullo, cunha duración de 20 horas lectivas.

Cofinanciadas pola Deputación de Lugo, estas xornadas sobre o novo PDR galego 2014-2020, reunirán durante tres días a destacados expertos en materia de desenvolvemento rural tanto do ámbito académico como do asociativo, o profesional ou o das institucións públicas.

Toda a información relativa, dispoñible na seguinte ligazón: http://www.usc.es/gl/servizos/cultura/veran/