LAB. DO TERRITORIO (G.I. 1934-TB)

PERSOAL

Trancón Loureiro, Lucía


lucia.trancon@usc.es

Lucía Trancón Loureiro remata a carreira de Enxeñaría de Montes na Escola Politécnica Superior do Campus de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela no ano 2009, realizando o traballo fin de carreira sobre un proxecto real no grupo de investigación GI-1934 LaboraTe, da mesma universidade. A partir dese momento, as tarefas a desempeñar no grupo estarán relacionadas co ámbito da ordenación territorial e o planeamento municipal, colaborando principalmente en proxectos técnicos e en plans xerais de ordenación municipal. 
Seguindo coa súa formación académica, Lucía cursa o Máster en Enxeñaría para o Desenvolvemento do Medio Rural no ano 2009/10 e o Máster en Xestión da Terra e do Territorio no ano 2010/11, ademais de asistir e participar en congresos, seminarios, e cursos relacionados coa ordenación do territorio e a planificación urbana. 
En canto a docencia, Lucía forma parte do persoal asignado e autorizado para impartir e xestionar cursos relacionados cos Sistemas de Información Xeográfica (SIX) do Sistema de Información Territorial (SIT) da USC, tanto de forma presencial coma na modalidade a distancia.

Curriculum


Publicacions

Cartografiado de las distintas dimensiones de la red viaria rural del municipio de Lugo


¿Qué tipo de municipios está adoptando planes de ordenación municipal en Galicia? Un estudio de los principales factores y una elaboración de hipótesis explicativas


Análisis del proceso de participación ciudadana en la elaboración del Plan General de Ordenación Municipal de un municipio de la Reserva de la Biosfera Terras do Miño


Las edificaciones tradicionales. Un valor patrimonial e histórico de la Reserva de la Biosfera Terras do Miño