Skip to content

Xornada de presentación do Proxecto Greenzone: planificación territorial e integración de infraestruturas verdes

O evento busca abordar como a infraestrutura verde pode mellorar a planificación e xestión de zonas multifuncionais. O programa reúne a representantes do proxecto con entidades como o Centro de Estudios Ambientales / Ingurugiro Gaietarako Ikastegia, o GDR Terra e Auga, o Instituto de Estudos do Territorio (IET) da Xunta de Galicia, o Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural da Universidade de Santiago de Compostela e a Fundación Biodiversidad para debater retos e oportunidades na adaptación da ordenación territorial ao cambio climático.

Se che interesa a planificación territorial, o medio ambiente, o desenvolvemento rural ou a xestión da paisaxe, a USC convídate a participar nesta xornada que busca o deseño de territorios máis resilientes e sostibles.

Archivos