Publicada por Lab. Territorio
Varios dos grupos de investigación do Campus Terra da USC (Universidade de Santiago de Compostela) xunto con Axencia Galega de Calidade Alimentaria (AGACAL) organizan a I Xornada de Innovación Agrosilvopastoril de Galicia. O evento terá lugar na facultade de veterinaria en Lugo o 21 de Xaneiro.
O acto constitúe o espazo para a posta en común e difusión dos proxectos de innovación impulsados e executados por oito dos primeiros grupos operativos constituídos en Galicia ao amparo da Asociación Europea da Innovación – AEI na convocatoria do ano 2018.
Os grupos operativos contan para o desenvolvemento dos seus proxectos coa axuda de axentes de innovación e grupos de investigación coma os que organizan estas xornadas (o LaboraTe, ou a agrupación de Sistemas Silvopastorais entre outros). Os oito proxectos que se presentarán o próximo 21 abordan unha temática moi diversa nos sectores agrícola, gandeiro, agroalimentario ou forestal, como por exemplo a modernización das cadeas de valor, a introdución de novos cultivos, a posta en valor das variedades autóctonas, sistemas de xestión intelixente de explotacións e procesos, o fomento do pastoreo, etc. O evento inclúe ao final da mañá un espazo de Networking coa presentación de pósteres e degustación de produtos dos Grupos Operativos.
O evento ten entrada libre e de balde previo rexistro no seguinte formulario: Formulario de rexistro.
Arquivos: