Publicada por Lab. Territorio
No marco das actividades de transferencia do LaboraTe, vense de organizar unha nova xornada técnica orientada ao sector agrogandeiro. O obxectivo principal é debater e dar a coñecer os beneficios de integrarse na rede do Proxecto Europeo AGRIDEMO-F2F.
Este proxecto (Farm-to-Farm) fomenta o intercambio de coñecemento directo entre agricultores e gandeiros a través de demostracións en granxas piloto, facilitando a adopción de prácticas máis sostibles, eficientes e innovadoras.
Durante a xornada explicaranse os requirimentos de participación e como as explotacións galegas poden beneficiarse destas dinámicas colaborativas a nivel europeo.
Máis información e inscricións: