Xuntanza transnacional do proxecto Erasmus + SFATE no Centro Biotécnico de Naklo, Eslovenia.

Publicada por Lab. Territorio
SFATE Naklo

O Laboratorio do Territorio vén de participar o 5 e o 6 de xullo do 2018 nunha xuntanza de coordinación de tódolos parceiros do proxecto SFATE.

SFATE busca crear unha plataforma en liña para diseminar información sobre novas tecnoloxías agrícolas. A plataforma pode se utilizada por estudantes, profesores, empresas e agricultores para atopar oportunidades de traballo relacionadas con estas tecnoloxías, recursos de aprendizaxe para adquirir as competencias necesarias para acceder a estas oportunidades de traballo e información sobre as vantaxes destas tecnoloxías para abordar os retos oportunidades actuais da agricultura.

Xa hai unha versión inicial da plataforma que pode ser consultada aquí.

← Voltar