Terceira edición do Premio “Rafael Crecente”

Publicada por Lab. Territorio

O IBADER (Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural) e o Laboratorio do Territorio da USC anuncian a terceira edición do Premio Rafael Crecente a Iniciativas Innovadoras de Xestión Territorial.

O premio busca impulsar o desenvolvemento de ideas orixinais relacionadas co desenvolvemento rural, a xestión sustentable da terra e a conservación ambiental. Trátase dunha homenaxe á figura e ao labor do profesor Rafael Crecente Maseda, pioneiro nestes eidos en Galicia.

Para máis información sobre os prazos de presentación e as bases reguladoras, podedes consultar a documentación adxunta.


Arquivos:

  • Bases do premio (PDF)
  • Formulario de inscrición
← Voltar