Publicada por Lab. Territorio
Os investigadores do LaboraTe David Miranda, Eduardo Corbelle e Francisco Javier López dirixirán o número especial da revista Sustainability titulado "Towards Sustainable Land Planning" (Cara a unha planificación territorial sostible). Con este número especial trátase de abordar de forma multidisciplinar o problema da planificación para a sostibilidade na xestión do territorio.
En relación con esta temática búscase recoller e publicar traballos orixinais (de investigación ou de revisión) baseados nun amplo abano de liñas temáticas; avaliación e estratexias da infraestrutura verde, desenvolvemento de modelos e sistemas de soporte á decisión, avaliación de escenarios de xestión para reducir o risco de incendios e as súas consecuencias, estratexias de desenvolvemento local, desenvolvemento da paisaxe rural ou análise de ferramentas de xestión do territorio.
O número está xa aberto para enviar traballos. O prazo péchase o 12 de Xullo de 2024.
No enlace a continuación pódese acceder á web da revista que inclúe información das temáticas e o procedemento para o envío de traballos.