Publicada por Lab. Territorio
O próximo xoves día 9 de xuño ás 19:30h terá lugar a presentación do libro:
LAND MATTERS
Taking Stock and Looking Ahead
Selected experiences in memory of Rafael Crecente
O evento celebrarase no Salón de Actos da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría de Lugo e incluirá un pequeno aperitivo ó remate polo que, no caso de asistencia, agradécese confirmación a máis tardar o día 6 de xuño, informando a través deste formulario ou chamando ó 982 822 833.
Así mesmo, o acto poderase seguir a través de Zoom e tamén por Youtube. No caso de Zoom os participantes disporán da opción de tradución simultánea a inglés.
Dirección e detalles para asistencia en remoto ou presencialmente a continuación.
- Ligazón canle de Youtube (audio en galego)
- Ligazón a Zoom (audio en galego e inglés). Aqueles usuarios que desexen seguir o acto en inglés, deberán conectarse usando a aplicación de Zoom para Windows.
Enderezo do acto presencial:
Salón de Actos, Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Rúa Benigno Ledo, Campus de Lugo
Como chegar: Google MAPs - OpenStreetMAP - Coordenadas: 42.99354, -7.54381
Land Matters está dispoñible en versión impresa e dixital en acceso aberto (seleccionar transacción Gratis).
DOI: https://dx.doi.org/10.15304/op.2022.1397
Arquivos: