Son os SUDS unha boa solución baseada na natureza para as cidades galegas?

Publicada por Lab. Territorio
Sistemas Urbanos de Drenaxe Sostible (SUDS)

Recentemente publicouse o artigo “Urban planners' requirements for the design and implementation of sustainable urban drainage systems (SUDS)” (Requisitos dos planificadores urbanos para o deseño e implementación de sistemas urbanos de drenaxe sustentable) na revista Nature-Based Solutions.

No estudo realízase unha análise para avaliar a implementación dos SUDS nas sete principais cidades galegas. Os SUDS son unha alternativa sustentable e baseada na natureza, cun enfoque de economía circular, para a xestión das augas pluviais en contornas urbanas. Fronte aos sistemas tradicionais, proporcionan múltiples beneficios e servizos ecosistémicos para as nosas cidades.

A través de enquisas aos axentes e responsables destes concellos analízanse as súas preferencias á hora de implementalos así como as dificultades e barreira actuais para o seu uso.

Para ver ou descargar a publicación pódelo facer neste enlace: https://doi.org/10.1016/j.nbsj.2023.100067

O artigo está asinado, entre outros, por Rocío Iglesias e David Miranda, investigadores do LaboraTe.

← Voltar