100 anos de concentración parcelaria en Europa. Revisando o pasado

Publicada por Lab. Territorio

Recentemente levouse a cabo un evento conmemorativo para repasar a evolución histórica dos procesos de concentración parcelaria a nivel europeo ao longo do último século.

Estes procesos foron unha ferramenta fundamental na política agraria dos diferentes estados membros para combater o minifundismo e a fragmentación da propiedade, mellorando a produtividade das explotacións. Non obstante, a visión sobre estes procesos evolucionou co tempo, pasando de ser ferramentas puramente produtivistas a requirir un enfoque máis integral e respectuoso cos valores ambientais e paisaxísticos.

O LaboraTe participou activamente nesta reflexión, achegando a perspectiva da evolución da estrutura da propiedade en Galicia e debatendo sobre os novos instrumentos de mobilidade de terras que deben acompañar á reestruturación parcelaria no futuro.


Ligazóns de interese:

  • PDF do Concept note and agenda
← Voltar