O relevo xeracional no sector agrario galego; retos e oportunidades a debate na VIII Reunión Casal de Armán

Publicada por Lab. Territorio
VIII Reunión Casal de Armán

O 22 de Novembro de 2023 celebrouse a oitava Reunión Casal de Armán, un foro que dende 2011 organiza a Fundación Juana de Vega onde, a partires dun documento introductorio elaborado por recoñecidos expertos do sector, recóllese a opinión dun grupo amplo de convidados representativos para enriquecer a visión e definir recomendacións ante os grandes retos do sector agroalimentario galego. Esta oitava edición xirou arredor do "relevo xeracional nas explotacións agrarias: retos e oportunidades".

Os investigadores do LaboraTe Quico Ónega, David Miranda e Edu Corbelle participaron tanto na elaboración do texto base que artellou o debate xunto cos investigadores da universidade de Vigo Bernardo Valdés Paços e Iria Caamaño Franco, coma na presentación dos contidos durante o acto xunto co director da Fundación, José Manuel Andrade. A presentación completouse cunha interesante mesa redonda e coloquio onde interviñeron e compartiron as súas experiencias un abano de produtores de novas xeracións do sector leiteiro, horta, viticultura, avicultura ou a silvicultura de frondosas.

Máis información:

  • A Xunta de Galicia anuncia no foro da Fundación Juana de Vega que impulsará bancos de explotacións para incentivar o relevo xeracional no agro
← Voltar