Interacción entre actores e niveis de goberno nos plans de Infraestrutura Verde. Leccións aprendidas de dous procesos de planificación estratéxica en Galicia e Holanda

Publicada por Lab. Territorio
Infraestrutura Verde

Recentemente publicouse o artigo “Interaction among actors and levels of government in green infrastructure plans. Lessons learned from two strategic planning processes in Spain and the Netherlands” (Interacción entre actores e niveis de goberno nos plans de infraestrutura verde. Leccións aprendidas de dous procesos de planificación estratéxica en España e Holanda) na revista European Planning Studies.

O traballo é o resultado dun período de investigación de Quico Ónega no centro de investigación holandés Alterra (hoxe Wageningen Environmental Research) e aborda o estudo de dous procesos de deseño de infraestrutura verde nos que o LaboraTe e Alterra participaron; a Estratexia de Infraestrutura Verde de Galicia e o Masterplan da provincia de Noord Holland.

No artigo preséntase a figura de Planificador-Investigador en base o papel desempeñado por ambas institucións durante os devanditos procesos. Ademais analízase o rol e as interaccións entre os actores de distintos niveis e como estes afectan ás distintas fases do plan, as barreiras de implementación atopadas, os niveis ou intensidades de planificación, o uso dos diferentes conceptos clave e o peso e participación de actores non estatais na toma de decisións.

Para ver ou descargar a publicación pódelo facer neste enlace: https://doi.org/10.1080/09654313.2023.2285311

O artigo está asinado, entre outros, por Quico Ónega, David Miranda e Eduardo Corbelle, investigadores do LaboraTe.

← Voltar