Amplíase ata o 31 de Outubro o prazo para a presentación de candidaturas á VII Edición dos Premios Rafael Crecente a Iniciativas Innovadoras de Xestión Territorial

Publicada por Lab. Territorio
VII Edición Premios Rafael Crecente

A VII Edición dos premios amplía o seu prazo para a recepción de candidaturas ata o 31 de Outubro de 2024.

A presente edición mantén a dotación económica (2.000€ para o primeiro premio e 1.000€ para o segundo) e pódese concorrer con traballos académicos (TFG, TFM, tese) ou poden ser ideas orixinais, traballos técnicos, iniciativas ou proxectos en fase de proposta ou xa executados. O autor ou autores deberán destacar o seu carácter novidoso, explicando onde reside a compoñente de innovación e en que medida a proposta contribúe á iniciativa máis aló do xa existente.

Aínda que os Premios buscan ideas innovadoras que poidan inspirar e mellorar a xestión territorial en Galicia, o ámbito das propostas non se circunscribe á devandita comunidade autónoma. Neste sentido acéptanse propostas de fóra deste territorio, a condición de que se detalle e faga referencia explícita á súa aplicabilidade e/ou viabilidade para o contexto galego. Por exemplo, indicando en que medida a proposta é replicable en Galicia, cal pode ser a achega da idea ao contexto galego, que factores poden favorecer ou dificultar a súa aplicabilidade, etc.

Ligazóns e arquivos:

  • Bases da VII Edición Premios Rafael Crecente (galego, castelán)
  • Anexo I (Formulario para presentación de propostas)
  • Listado de traballos premiados e propostas recibidas (edicións anteriores)
  • Entrega de premios VI Edición
← Voltar