Beatriz Guimarey Fernández

TÉCNICO
Beatriz é Enxeñeira de Montes e Máster en Xestión Sustentable da Terra e do Territorio pola Univ. de Santiago de Compostela (USC). Dende o ano 2009 está vinculada ó grupo de investigación Te-Bio/LaboraTe.
Comezou a súa andadura especializándose na captura e análise de datos e información xeoespacial para ordenación territorial, collaborando tamén en numerosos proxectos da plataforma tecnolóxica do Sistema de Información Territorial (SIT) da USC.
Da análise territorial pasou a colaborar en proxectos de I+D+i a nivel europeos no ámbito da xestión do territorio e dos recursos rurais, e a gobernanza das áreas rurais. A maioría dos seus proxectos pivotan ó redor de tres eixos: aceleración da transferencia de coñecemento e a innovación, mellora e deseño de políticas públicas con impacto no rural, gobernanza e desenvolvemento rural. Complementariamente, forma parte da equipa de comunicación do grupo do Laboratorio do Territorio, coordinando contidos e actividades de difusión.
En liña co anterior, dende o ano 2015 Bea é membro activo da EU CAP Network | EIP-AGRI (anteriormente EIP-Agri Service Point). Promovida pola Comisión Europea, a EIP-AGRI conecta agricultores e gandeiros, asesores, investigadores, empresas, cidadanía e demais actores co obxectivo de axudar a construír fluxos de coñecemento sólidos e acelerar a innovación na agricultura, a silvicultura e as zonas rurais. Na EIP-AGRI, Bea lidera a División D, temáticamente centrada en retos socioeconómicos clave no medio rural, como a renovación xeracional, o emprego, a igualdade e a promoción da bioeconomía circular e da silvicultura sostible. Tamén participa na organización e dinamización de actividades de transferencia (grupos focais, seminarios e workshops).
Correo electrónico: beatriz.guimarey@usc.es
Orcid: 0000-0001-9763-9369
| Data fin | Liñas | Título e Investigadores |
|---|---|---|
| 2012 | - | Activación de los recursos de la Reserva de la Biosfera Terras do Miño para la creación de empleo y calidad de vida 👥 Rafael Crecente Maseda, Eduardo Corbelle Rico, Urbano Fra Paleo, David Miranda Barrós, Inés Santé Riveira, Francisco Ónega López, Andrés García Lamparte, Pablo Díaz Redondo, Marcos Boullón Magán, Francisco Javier López González, Diego Alberto Arias Prado, Sandra Buján Seoane, Jaime Caldeiro Pérez, Miguel Cordero Souto, Beatriz Guimarey Fernández, Francisco José Ónega López, Manuel Pérez Gómez, Nieves Pérez Rodríguez, Lucía Trancón Loureiro, Lydia Conde Castro |
| 2010 | - | Realización de un estudio topográfico de la Muralla Romana de Lugo mediante tecnología escáner láser 👥 Rafael Crecente Maseda, Inés Santé Riveira, David Miranda Barrós, Miguel Cordero Souto, Beatriz Guimarey Fernández |