entrega e posta en marcha dun xeo-radar Malå

Enviado por laborate o sáb, 01/17/2009 - 23:39 GMT.

O pasado 18 de Decembro fíxose entrega dun xeo-radar fabricado pola empresa Malå Geoscience. Dita entrega comprendeu a posta en marcha e unha demostración do equipo xunto ó edificio CACTUS. Os xeo-radares teñen un grande número de aplicacións, entre as cales están a localización de cables, tuberías, alcantarillado, restos arqueolóxicos, cavidades soterradas ou a clasificación de rochas.

posta en marcha del xeo-radar

Este xeo-radar é parte dos novos equipos adquiridos polo Sistema de Información Territorial da USC e está dispoñible para tódolos interesados, ó mesmo que o resto dos equipos.

As principais características do xeo-radar entregado son:

  • electrónica de control de antenas conectada á unidade de control por fibra óptica
  • antenas apantalladas
  • antenas de 100, 250 e 850 MHz

O principio de funcionamento dos xeo-radarfes - tamén coñecidos polas súas siglas en inglés, GPR (Ground Penetrating Radar) - é semellante ó dos radares convencionais. Unha antena emisora envía ó subsolo ondas electromagnéticas nas bandas UHF e VHF e outra antena receptora recolle as ondas reflexadas. O fenómeno físico da reflexión da onda electromagnética prodúcese cando a onda emitida choca cun obxecto ou capa de diferente constante dieléctrica. A partires das ondas electromagnéticas recollidas pola antena receptora, un software ad hoc de procesamento de sinal contrúe imaxes do subsolo, coñecidas como radargramas, aptas para ser interpretadas por personal entrenado.

radargrama

Máis información en:

  • Ground penetrating radar (Wikipedia, artículo en inglés)
  • páxina web de Malå Geoscience
español